Xestión cultural

EN CASA NICANOR

Cremos no rural como espazo para ser habitado, pero temén para vivilo e desfrutalo. De maneira estacional, a Casa Nicanor servirá de escenario para diversos eventos artísticos, sociais e culturais.

Estamos traballando para que a nosa aldea acolla propostas e atraia a artistas e creadores. Estamos seguras de que é un lugar moi inspirador e por iso queremos organizar desde certames, formacións, exposicións e residencias artísticas.

Queremos ademais que a veciñanza poida contribuir a isto cos seus saberes e coñecementos da zona e do mundo rural, e que toda a nosa actividade repercuta tamén na súa calidade de vida, e que vexan en nós colaboradoras activas.

Queremos traer propostas culturais que normalmente se atopan nas cidades e así revertir o percorrido que sempre hai que facer para desfrutar de actividades de lecer. Á fin e ao cabo, en Casa Nicanor temos máis espazo que na maioría dos locais das vilas e cidades!

Somos pet-friendly e kid-friendly, todo Colle no noso campeiro!

Tamén collen as túas propostas e ideas, vén coñecer o espazo, temos ganas de crear cousas novas con todxs vós!

 

TRAE O TEU PILOTO A CN

Tes unha nova proposta artística e precisas espazo para probala?

Queres grabar unha performance ou un videoclip e non tes onde nin como?

Unha nova colección de moda e precisas fotos?

Casa Nicanor ten espazos e posibilidades infinitas, e nós asesorámosche e axudamos a que te leves un bo material promocional.

 

CONTRÁTANOS

Se tes unha empresa, eres unha Institución Pública e precisas profesionais da Xestión Cultural para organizar un evento ou levar a cabo un programa, tamén podemos axudarche.

Levamos anos traballando para o Concello de Santiago, de Viveiro e de Xove organizando todo tipo de actividades.  

Bótalles un ollo aquí