UN PROXECTO PARA O RURAL. UN PROXECTO DE VIDA

Nicanor e Narcisa chegaron á Terra Chá aló polo 1900, procedentes de Nogueira de Ramuín (Ourense) e decidiron quedar a vivir nesta pequena parroquia de Vilalba. Construíron unha casa, que se converteu na taberna, tenda e estanco da zona. Moito viño traído no tren de Monforte, moitas partidas de cartas e seis fillos despois, a Casa Nicanor pechou e quedou ata hoxe parada no tempo.

Somos as bisnetas de Nicanor e Narcisa e queremos darlle unha nova vida á Casa. E a nós mesmas. Dedicámonos a profesións dixitais: deseño gráfico, produción audiovisual, márketing dixital… Profesións que están normalmente asociadas a un entorno urbano. E un día, deunos por preguntarnos por que. Nun mundo dixitalizado, por que seguimos a concentrarnos todos nas cidades, cando podemos traballar dende calqueira punto do mundo?

“Na cidade hai máis cousas que facer” “Todo pasa nas cidades, é onde se move a cultura” “ No rural non existen os servizos que precisan as empresas”. Son algunhas das respostas máis comúns á nosa pregunta.

Así foi como nos dimos conta de que un territorio precisa dúas cousas para manterse vivo: traballo e cultura. E iniciamos unha aventura, un proxecto que aúna ambas.

Casa Nicanor é o noso traballo: un estudo dixital no rural, dende o que ofrecemos ás empresas e organizacións servizos de deseño gráfico, fotografría, vídeo, marketing dixital en todas as súas formas.

Casa Nicanor tamén é cultura: intentamos recuperar a Casa como punto de encontro da aldea, como o contedor de vidas e historias que foi ata fai 30 anos. Por iso, Casa Nicanor é tamén un Centro Cultural e artístico no que organizar eventos, obradoiros, exposicións. Non queremos un rural abandoado, pero tampouco un rural-dormitorio. Queremos un rural vivo e cheo de posibilidades.

Só a través do traballo poderemos habita-lo rural, pero só a cultura conseguirá que o rural sobreviva.
ANA ÁLVAREZ SOTO

ANA ÁLVAREZ SOTO

Comunicación, vídeo, redes sociais, web e prensa

ALBERTO GALEGO

ALBERTO GALEGO

RRPP, ventas e xestión cultural

SOL ÁLVAREZ SOTO

SOL ÁLVAREZ SOTO

Deseñadora gráfica, artista audiovisual e xestora cultural

Eres unha empresa ou organización e precisas dos nosos servizos?

Eres artista ou xestor cultural e queres propoñernos algún obradoiro, proxecto ou evento?

Eres un veciño/a e queres propoñernos algunha actividade ou darnos unha opinión?

Tes algunha dúbida ou pregunta?

 

Ou escríbenos por correo pinchando aquí:

 
Enviar email