No camiño

O Camiño Norte pasa pola porta da nosa casa. Non queremos deixar escapar a oportunidade de contribuír a que o incremento do turismo en Galicia se faga dun xeito sostible. Por iso, durante os meses de verán somos Parada Cultural.

Este é un novo concepto, lonxe do de albergue ou bar. Durante as horas de máxima afluencia abrimos a nosa taberna para que os pelegríns podan parar, degustar produtos gastronómicos tradicionais da zona (Queixo D.O.P. San Simón da Costa, roscón de Vilalba, roscas de San Ramón…) acompañdos de café de pota e froitas de temada das nosas propias árbores.

Reinventamos o concepto de FreeTour convidando á xente a que coñeza por dentro unha casa tradicional chairega. Falamos inglés, portugués, francés, esañol, galego e italiano. Deste xeito podemos falar cos turistas e responder ás moitas preguntas que traen despois de percorrer a Galicia máis auténtica.

Cremos que os beneficios do turismo teñen que repercutir na cultura propia, ademais de na hostalería.

Autofinanciamos as nosas actividades culturais coas doazóns e inversións que os pelegríns fan no noso proxecto, e ampliamos os nosos seguidores a nivel internacional. Deste xeito, cando a Casa acolla residencias artísticas e exposicións, os creadores e creadoras galegas poderán internacionalizarse sen ter que saír desta pequena aldea da Terra Chá.