Deseñadora Gráfica en Galicia

Deseño gráfico e ilustración orixinal en Galicia, ponlle falta!
Saber máisOs nosos traballos

A maneira na que nos presentamos é moi importante. Un bo deseño pode marcar a escolla dun cliente entre a nosa empresa e outra.

A nosa imaxe corportaiva, o deseño, as cores que empregamos… teñen que falar do que facemos, de como somos e de como traballamos.

En Casa Nicanor facemos todo tipo de traballos gráficos:

– Imaxe corporativa, logotipos.
– Cartelería / flyers
– Materiais promocionais.
– Maquetación de catálogos, libros…
– Deseño UX/UI: interfaces, apps..
– Ilustración, tanto dixital como manual.

Se precisas algo que non ves aquí, seguramente tamén o facemos.

Chama sen compromiso e pregunta. Somos xente creativa e seguro que podemos facer algo por ti, e adaptarnos ao estilo e soporte que sexa necesario.

A continuación podes atopar algúns exemplos dos nosos traballos. 

Deseño de carpeta para IES Illa de Sarón

Flyer para tenda ecolóxica

Cartel para Feitoría Verde

Cartel Antroido de Viveiro

Cartel para festa de Magosto

Mapa para festas de San Pedro (Santiago)

Mapa de Boiro para República Creativa

Cartel exposición para Ed Mckenzie (Holanda)

Cartel concurso literario Viveiro

Vídeo promocional para programa Cine Espallado

Vídeo-documental para o Día do pobo Xitano

Vídeo 25N para Asociación Feminista de Vilalba