CREACIÓN DE CONTIDOS

A base da túa presenza en Internet: textos cheos de ideas

Parece sinxelo, pero moitas veces podemos sentirnos sobrepasados ante a páxina en branco.

En Casa Nicanor podemos axudarche cos seguintes servizos:

– Creamos ideas para as túas campañas de comunicación: lemas, textos, propostas completas

– Escribimos os textos da túa web

Alimentamos o teu blog

Temos amplia experiencia en creación de contidos ou, como se lle chama nestes modernos mundos dixitais, en copywriting. 

Aínda que tamén escribimos en algúns medios escritos e mesmo algún integrante do equipo xa publicou un libro, o copywriting é un arte distinto. Trátase de escribir para vender. Ser persuasivos mediante as palabras nun mundo de imaxe… ten a súa ciencia!