FALTAN

Día(s)

:

Hora(s)

:

Minuto(s)

:

Segundo(s)

Rematado o verán e con el a tempada turística, Casa Nicanor organiza unha festa xa orientada aos veciños e veciñas da zona. A festa terá lugar o 27 de setembro a partir das 18:30, e contará cunha programación variada:

• Dende as 18 e ata o final da xornada, unha gran recopilación de fotos antigas da comarca feita polo IESCHA estará exposta polo espazo da casa e o xardín.

• De 18:30 a 20:00, un micro aberto de poesía, no que calqueira veciño ou veciña poderá ler os seus textos se así o desexa. Ademáis, algúns poetas da zona acudirán a recitar os seus escritos, como Ana Mar Fraga Rábade, Martiño Maseda, Beatriz Dourado ou Manuel Irimia.

• Logo do recital, comezará a festa: unha foliada aberta coa colaboración de Buxos Verdes, e de todos os veciños que queiran participar cos seus instrumentos, cancións ou bailes.

Haberá bebidas, pinchos e camisetas á venta. Os organizadores pretenden que este evento sirva como peche de tempada, pero tamén como presentación da Casa e do proxecto aos veciños e asociacións de Vilalba. Queremos que coñezan o espazo e todo o que se pode facer nel, que poidan propoñer ideas para futuros eventos, actividades ou colaboracións.

En primavera e verán, organizaránse en Casa Nicanor eventos para turistas e veciñanza, desde almorzos culturais, roteiros pola natureza, concertos, obradoiros e cine de verán. En inverno, a súa actividade basearase en traer ao rural as profesións dixitais deste século: deseño gráfico, márketing dixital e produción audiovisual. Un proxecto valente e fresco co que estes tres mozos combatirán a despoblación e a decadencia demográfica no rural galego.